A Seguridade Social enviará 500 SMS diarios para solicitar o e-mail de empregados do fogar
Por Redacción
A Seguridade Social solicitará vía SMS os datos de e-mail de todos os empregados de fogar e os seus empregadores dentro da provincia de Pontevedra. Será a través do novo portal electrónico 'Import@ss' e estará destinado a todas as persoas das que non conste información.
Con esta plataforma, a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) quere facilitar a consulta de información, permitindo realizar ata 40 trámites a través dun computador ou dispositivo móbil, deixando progresivamente ao carón a atención presencial. Esta campaña durará ata finais do mes de abril.
Este novo portal está organizado en dúas partes. Unha páxina principal ou área de acceso público, e unha área persoal. Na primeira delas agrúpase toda a información necesaria para facer calquera trámite ou xestión, organizada en catro categorías: vida laboral e informes; atlas, baixas e modificacións; consulta de pagos e débedas: e datos persoais. Pola súa banda, a área persoal é un espazo único para cada usuario, onde o cidadán pode visualizar todos os seus datos persoais e de contacto, situacións laborais actuais, vida laboral na Seguridade Social e outras situacións específicas. Os detalles da alta tramitada, como é a xornada, o salario ou o tipo de contrato, poderán atoparse na área persoal.
Dentro de 'Import@ss', os empregados ou empregadores de fogar atoparán a información que necesiten para realizar as súas xestións e unha guía práctica do emprego no fogar de axuda. Tamén poderán utilizar o simulador de cotas para coñecer canto van pagar antes de realizar unha alta en emprego de fogar.
Por último, o TXSS informa á veciñanza que desde a próxima semana enviarán 500 SMS diarias co fin de tranquilizar aos usuarios de que non se trata dunha estafa senon dunha campaña oficial.