A comarca rexistra nunhas horas numerosas saídas de vía pola chuvia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Durante as primeiras horas da mañá as estradas da comarca rexistraron múltiples accidentes por saídas de vía, afortunadamente todos eles de escasa entidade.
O que máis chamou a atención tivo lugar ás 8:54 horas no municipio de Caldas de Reis, na estrada entre Caldas e Godos, a nacional 640, quilómetro 232.
O condutor dun tráiler perdeu o control do camión metendo as rodas na cuneta quedando a escasos metros dunha vivenda. O desnivel provocou que a cabeza tractora quedase atascada, danando a defensa do vehículo de transporte. Non houbo feridos.
ACCIDENTE NA RÿA PADRE GAITE
Ás 8:19 horas deste mércores, segundo informa o 112, rexistrouse unha saída de vía dun vehículo na rúa Padre Gaite, fronte á Ponte dos Tirantes na cidade de Pontevedra.
Segundo traslada a Policía Local o suceso en si, non tivo especial importancia, non obstante a condutora do vehículo sufriu un corte nunha cella ao golpearse cun paraugas que levaba ao lado da porta. Unha ambulancia medicalizada trasladou esta muller ferida
SAÍDA DE VÍA EN MARÍN
Segundo datos facilitados polo 112, ás 7:59 horas deste mércores tivo lugar un accidente de tráfico na variante de Marín. Tratouse dunha saída de vía no lugar de Ardán, á altura do desvío para A Brea-Piñeiro.
Afortunadamente non se rexistraron danos persoais pero o vehículo implicado perdeu moito líquido que afectou á calzada polo que foi necesaria a intervención dos equipos de mantemento para limpar a vía.