Veciños de Viascón denuncian unha vaga de roubos na zona
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Comunidade de Montes de Viascón e a Asociación de Veciños O Agro elevaron a voz de alarma ante a "vaga de roubos" que a zona sufriu nas últimas datas.
Segundo estes colectivos as actuacións dos amigos do alleo afectaron a domicilios particulares, máquinas rozadoras, as portas dos vestiarios do campo de fútbol ou o mobiliario urbano do parque biosaludable, cuxos farois teñen un custo, estiman, de preto de 9.000 euros cada un.
Nun comunicado, os afectados aseguran que se está a esgotar a paciencia dos veciños, os cales denuncian á súa vez o que entenden como "abandono" do rural por parte das forzas de seguridade, polo que esixen "un servizo en condicións para tratar de evitar e minorar esta situación".