O BNG insiste no Congreso para retirar a simboloxía franquista da Audiencia Provincial
Por Redacción
O escudo da ditadura que preside a entrada da Audiencia Provincial de Pontevedra volve ao Congreso dos Deputados.
O deputado do BNG nas cortes estatais, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para que o executivo retire a simboloxía franquista do pazo de xustiza pontevedrés dando cumprimento desta forma á Lei de Memoria Histórica aprobada no ano 2007.
"Como edificio do réxime que era, situouse na súa fachada un escudo con simboloxía da ditadura franquista, o cal aínda segue intacto e perfectamente visíbel na súa porta principal na actualidade", a pesar de que a lei de 2007 establecía que "as administracións públicas tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura".
Para Rego despois de 15 anos "é hora de que a Administración de Xustiza cumpra co mandato legal e comece o procedemento preciso para eliminar ese símbolo franquista do edificio público".
"É preciso retirar todos os símbolos que perduran en edificios públicos, nomes de rúas e de institucións", defende o representante do BNG ao considerar que o seu mantemento é unha "anomalía democrática".
Relacionadas:
-
Completada a restauración do Lavadoiro da Fonte Maceira despois de eliminar a simboloxía franquista
Por Redacción |
-
A pegada da ditadura que aínda habita na cidade
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |
-
En Marea pregunta ao Goberno cando fará efectiva a retirada do escudo franquista da Audiencia
Por Redacción |
-
Unanimidade política para que "o lugar onde se imparte Xustiza" non teña un escudo franquista
Por Natalia Puga |