Suspenden a Festa do lacón con grelos de Cuntis
Por Redacción
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, avanzaba este martes que se suspende a Festa do lacón con grelos, prevista para inicios do mes de marzo. O grupo de goberno considera "inviable" a celebración nestes momentos deste evento gastronómico porque non sería factible cumprir con todas as medidas pertinentes sanitarias.
O Concello traballa en elaborar unha programación complementaria que permita celebrar a festa noutra data dentro deste 2022. Ademais, o alcalde sinala que están a estudar a opción de organizar outro tipo de promoción deste prato gastronómico típico.
Tamén se manteñen á espera da decisión do comimté clínico que asesora á Xunta de Galicia para adoptar unha decisión sobre a celebración dos desfiles do Entroido na vila. Campos afirma que se o protocolo e a situación pandémica permíteo, o Concello organizará actividades durante o Entroido atendendo ás medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas asistentes.