76 personas con diferentes discapacidades beneficiáronse de actividades de Amizade en 2021
Por Redacción
Durante o 2021, un colectivo de máis de 76 persoas da comarca de Pontevedra participaron no proxecto 'Coordinación do servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión de persoas con discapacidade', que desenvolve a asociación Amizade.
As persoas participantes con diferentes discapacidades tiveron a oportunidade de formar parte de actividades de lecer e deportivas, ademais de utilizar servizos como fisioterapia, logopedia e psicoloxía. O proxecto tamén conta con campañas para sensibilizar socialmente á poboación e tamén actividades de xestión do persoal voluntario.
Este proxecto, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE, permitiu que 49 persoas con discapacidade e os seus familiares resolvesen dúbidas.
Esta proposta dá cobertura a necesidades expresadas polas persoas asociadas á entidade, debido a que en ocasións non poden acceder a estes servizos debido a problemas de accesibilidade ou aos elevados prezos. Paulo Fontán, presidente da asociación Amizade, entende que este proxecto posibilita a autonomía persoal e a inclusión social.
Relacionadas:
-
Marcar a cuadrícula 106 da Renda axuda a que setenta persoas con discapacidade participen en actividades de Amizade
Por Anxo Lourido |
-
Amizade pide a prestación do servizo do "coche de punto" con vehículos adaptados
Por Redacción |
-
Amizade anima á cidadanía a marcar 'Fins sociais' na súa declaración da renda
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Santiaguiño do Burgo festexa a vitoria de Senegal na Copa de África
Por Cristina Saiz & Redacción |