Un día de conto na escola de Verducido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un grupo de sete nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos da EEI de Verducido participaron este xoves nun novo obradoiro do proxecto O Teu Cole na Historia.
Esta é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación en colaboración co equipo creativo de Polo Correo do Vento e o músico Antón Ke.
A entretida narración de Kike Mauricio e Carlos Taboada, amenizada pola música de Antón Ke, xirou en torno ao fermoso mural realizado nesta escola en marzo do ano pasado, no que teñen protagonismo o encoro do Pontillón do Castro, a fervenza e os muíños que se poden atopar nesta privilexiada paisaxe natural.
Tamén recolle as figuras dunha leiteira e dun canteiro, así como un paxaro tan característico desta paraxe como un merlo.