O Goberno busca terreos para trasladar ENCE e pide "implicación" aos concellos interesados
Por Alejandro Espiño
O futuro de Ence en Galicia, segundo o Goberno, pasa irremediablemente polo seu traslado. A que verbalizou este xoves os plans do executivo central foi a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.
Nun acto celebrado en Culleredo (A Coruña), Ribera deu un paso máis e xa non só pide a "implicación" da Xunta de Galicia na procura dun novo emprazamento para a fábrica de Lourizán, senón tamén a de concellos que estean interesados en acollela.
"Nuestra apuesta es ayudar en la mayor medida posible a encontrar un emplazamiento, facilitar ese traslado sabiendo que detrás hay muchas personas que trabajan directamente en la planta y una economía forestal que nos interesa enormemente", apuntou a ministra.
Para iso, a titular de Transición Ecolóxica entende que é "capital" que haxa unha "implicación fuerte" do goberno galego e dos concellos "que pudieran ser aquellos espacios" nos que se poida situar o novo complexo industrial.
A ministra reiterou que esta é unha cuestión "en la que estamos trabajando" desde o seu departamento por mor das tres sentencias da Audiencia Nacional que anularon os permisos que tiña Ence para seguir en Lourizán ata o ano 2073.
Ademais, Ribera sinalou que nesta decisión tamén pesou a "preocupación" existente por parte dos traballadores da factoría pontevedresa.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra: "Son moi pesimista co futuro de ENCE en Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rueda non ve "xusto" que o Goberno "abandone" a idea de manter ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo insiste en adscribir ENCE ao porto de Marín e o Goberno apunta a As Pontes ou Cerceda
Por Alejandro Espiño |
-
A fábrica de ENCE iniciará o vindeiro luns a súa parada técnica anual
Por Oskar Viéitez |
-
A espada de Damocles que pende sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Unha nova protesta de persoal de ENCE corta durante máis dunha hora o tráfico entre Pontevedra e Marín
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Feijóo, "máis tranquilo" tras comprometerse Teresa Ribera a que ENCE "quede en Galicia"
Por Natalia Puga |
-
Transición Ecolóxica baralla unha saída "ordenada" e un calendario "razoable" de demolición para ENCE
Por Alejandro Espiño |