O tren, as carpas e a decoración natural marcaron un Nadal inesquecible
Por Redacción
Unha vez rematadas as festas do Nadal, o Concello de Marín resalta o bo ambiente vivido na vila, a pesar da pandemia.
Fontes municipais indican que desde o Concello deseñouse unha programación "coa que poder ofrecer actividades adaptadas á situación, sen olvidar a necesidade que temos tamén de dinamizar a vila nunhas datas tan relevantes coma estas".
O balance que fai o goberno local deste tempo é moi positivo. Segundo os cálculos recollidos ao longo de todas as festas, polo Tren de Nadal pasaron aproximadamente 15.000 persoas, cunha media próxima ás 500 personas ao día durante o mes que estivo funcionando. Cada xornada, o tren facía 14 viaxes cun aforo máximo de 50 viaxeiros.
Pola súa banda, de novo, as carpas Engado Marín foron un grande éxito, tanto a do Parque Eguren, pensada para a mocidade a partir de 11 anos, como a da Alameda, para os máis pequenos. Ambas estiveron 22 días abertas.
Na carpa dos maiores calcúlase que houbo unha afluencia de 6.600 personas, mentres que na da Alameda foi próxima aos 8.800 nenos e nenas. Neste último caso, repartiuse o aforo en quendas día a día, para que pudiera haber un control do tempo de xogo e do número de persoas dentro da carpa.
NOVA DECORACIÓN DE NADAL
Outro gran atractivo destas festas é a decoración, que contou con algunhas novidades, coma o paraugas de luz da Praza de España, ou as tiras de lámpadas LED que se colocaron nas árbores da Alameda.
Ademais das luces, colocáronse estacións decorativas en distintos puntos do centro urbano, para as que se utilizaron "materiais naturais, sobre todo madeira e outros elementos, para insistir na sostibilidade e a calidade do natural fronte ao artificial", informan desde o goberno local.