A 'Papanoelada' moteira solidaria, un aperitivo do Nadal
Por Redacción & Cristina Saiz
Marín contaxiouse este sábado do mellor e máis puro espírito do Nadal da man dunha multitude de 'Papás Noel' moteiros.
A 'Papanoelada' organizada por Moteiros Solidarios de Galicia recolleu alimentos non perecedoiros para a súa posterior doazón antes da súa saída desde a entrada da Escola Naval Militar.
Desde aí a caravana dirixiuse ao vial de praias nun divertido roteiro que pasou por Seixo, Santomé, o Lavadoiro de Troncosa, O Campo, a Rotonda da Torre, a Baixada de Mirón, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Raimundo Vázquez, Lameiriña e Banco Bilbao para finalizar na parada da Alameda Rosalía de Castro.
A iniciativa terá continuidade este domingo con outra 'Papanoelada' organizada neste caso en Poio pola Rosa dos Ventos, e que partirá ás 17.00 horas desde A Reiboa.
Relacionadas:
-
O tren, as carpas e a decoración natural marcaron un Nadal inesquecible
Por Redacción |
-
Os Reis Magos dividiranse na súa visita a Marín e percorrerán en coches todo o rural
Por Redacción |
-
Dúas toneladas de alimentos recollidas na Semana da Solidariedade de Marín
Por Redacción |
-
Marín celebrará o sábado a súa tradicional Papanoelada moteira
Por Redacción |