Así é a decoración dos espazos gañadores do II Concurso de Nadal en Marín
Por Redacción
O Concello de Marín publicou a lista de participantes gañadores nas categorías do segundo Concurso de Decoración de Nadal 2021.
A relación é a seguinte:
COMERCIO:
1º premio (300 euros): Salón de peiteado Conchi Moreira
2º premio (200 euros): Carmencitas Moda Infantil
Sorteo (100 euros): Lavandería El Clareo
HOSTALARÍA:
1º premio (300 euros): Los 3 Monos
2º premio (200 euros): Cafetería Mask
Sorteo (100 euros): Vinoteca Agustín
COMUNIDADES DE VECIÑOS:
1º premio (300 euros): Edificio Virxe do Porto
2º premio (200 euros): Avenida dá Cañota, nº6
Sorteo (100 euros): Edificio ENCE (Jaime Janer)
VIVENDAS UNIFAMILIARES:
1º premio (300 euros): Manuel Montenegro (Viñas Brancas)
2º premio (200 euros): David García Soage (A Moreira)
Sorteo (100 euros): Peregrina Juncal (Barriada Virgen del Carmen)
O xurado para determinar estes galardóns estivo formado polos concelleiros da corporación: Manuel Domingos, Itziar Álvarez, Cristina Acuña, Marián Sanmartín e Elisa Dopazo; un funcionario municipal e Mara Fariña e Cristina Barreiro, en representación da veciñanza de Marín.
Este ano presentáronse a este certame un total de 21 vivendas unifamiliares, 14 comunidades de veciños, 16 comercios e catro locais de hostalería. A intención deste concurso é animar á cidadanía a que se decoren as súas vivendas e establecementos comerciais para ofrecer unha imaxe animada con estas datas.