O Centro de Acollida de Animais da Deputación rexistrou en 2021 a cifra récord de 660 adopcións
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance este luns dos "sorprendentes" datos que o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) conseguiu no pasado ano 2021, no que descendeu notablemente a recollida de cans nos 48 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao servizo, baténdose o récord anual de adopcións da historia do centro cun total de 660 animais que atoparon un novo fogar.
"O 2021 foi o mellor ano da historia do Centro", con 77 animais adoptados máis que o ano anterior, un 13,2% de incremento.
A presidenta provincial xa marcou o reto para este 2022 de superar estes "extraordinarios" datos "temos que chegar aos 700" animais adoptados e puxo especial énfase na adopción aos cans de maior idade. A día de hoxe, un can chamado "Posto" é o "avó" do CAAN onde leva desde o ano 2018.
Excepto 1 adopción en Portugal o resto foron todas en España, sendo a maioría delas en Galicia (574) pero tamén se rexistraron 54 adopcións para Castela e León, 13 en Madrid, 5 en Cataluña, 5 País Vasco, 2 Castela A Mancha, 2 en Asturias, 2 en Valencia, 1 en Estremadura e 1 en Canarias.
Das adopcións galegas 502 foron na provincia de Pontevedra, 36 na da Coruña, 25 en Lugo e 11 en Ourense. O concello con máis adopcións foi Vigo con 90, seguido de Pontevedra con 52, A Estrada con 38, Poio con 26, Meis con 25, Sanxenxo con 24 ou Cambados con 23.
O veterinario xefe do CAAN, José Luis Pedreira, apuntou que "para estar á cabeza do benestar animal necesitamos retos". Así, o persoal do CAAN traballa para "aumentar as adopcións e reducir as recollidas" e para iso é fundamental a motivación, a procura activa, así como a colaboración con asociacións e as adopcións de calidade que "fan que a xente confíe en nós".
Ademais logrouse reducir o tempo de estancia dos animais recollidos. O ano pasado a media foi de 69,6 días fronte aos 123,8 días de media do ano 2020 (43,7% menos de días que pasan no centro).
En canto aos abandonos, o persoal do CAAN recolleu 1.210 animais (66 máis). Creceron as recollidas de animais despois da tendencia á baixa dos anos anteriores, con 608 recuperacións.
Carmela Silva tamén destacou que "comezamos moi ben o ano, xa levamos 14 adopcións en 10 días".
"Adoptar é o mellor sistema para ter unha mascota", subliñou a presidenta provincial que tamén agradeceu o traballo desenvolvido polo persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais xa que "estamos a ir polo bo camiño, modernizándoo e dotándoo de persoal profesional".
Relacionadas:
-
Rescatan quince cachorros abandonados, seis en Ponte Caldelas e nove en Meaño
Por Redacción |
-
O 'avó' do CAAN atopa un novo fogar cunha familia de Cardiff
Por Redacción |
-
O colexio Mosteiro estrea as visitas escolares ao Centro de Acollida e Protección de Animais
Por Redacción |
-
Un xestor privado encargarase das colonias felinas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha familia adopta a "Poli", un can cego que foi rescatado cando estaba desnutrido e moribundo
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan sete cachorros abandonados en dous contedores
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Denuncian dúas mulleres gravadas en vídeo mentres abandonan un can ás portas da protectora
Por Natalia Puga |
-
587 animais adoptados neste 2021, cifra récord no CAAN
Por Redacción |
-
EduCAANdo, a campaña para concienciar os escolares sobre a responsabilidade de adoptar animais
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Recupéranse no Centro de Acollida dúas cadeliñas de dous meses abandonadas xunto coa súa nai en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |