Rescatan sete cachorros abandonados en dous contedores
Por Redacción
O persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou a dúas camadas de oito cachorros que se encontraban en dous contedores de Lalín e Pontecesures. Un deles faleceu ao chegar ao centro, pero os outros sete estanse a recuperar.
En Lalín apareceron nunha caixa o día 1 de xaneiro, na Rúa Principal. Eran dúas femias, Alicia e Ana, e dous machos, Leo e León, quen faleceu polo delicado estado de saúde en que se atopaba.
Días despois, o 12 de xaneiro, o persoal do centro rescatou a outra camada, esta vez nun contedor na Rúa Víctor García de Pontecesures. Trátase dunha femia, Sala, e tres machos, Yogui, Cibrán e Xenaro.
O aviso deuno unha muller que viu como paraba un coche preto do lugar e, tras escoitar un ruído, acercouse e viu os cans. Estaban tamén nunha caixa. Os cachorros, que teñen días, "están de momento en boas condicións e están sendo atendidos nas mesmas dependencias de maternidade", informan desde o CAAN.
En caso de seguir a evolución favorable, os cachorros pasarán no centro ao menos tres meses ata completar as pautas de vacinación antes de saír en adopción.
Desde o centro lembran que as adopcións son gratuítas e o persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Para visitar o centro ou para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360 ou no 886 217 391.
Estes casos de abandono contrastan coas boas cifras de adopcións que xa se están a acadar no CAAN neste primeiro mes do ano, e que continúan a racha do centro. Así, desde o pasado 1 de xaneiro son xa 25 os animais que atoparon un novo fogar.
Relacionadas:
-
Abandonan quince cachorros nunha caixa de cartón na beiravía dunha estrada de Cerponzóns
Por Manu Otero |
-
Rescatan quince cachorros abandonados, seis en Ponte Caldelas e nove en Meaño
Por Redacción |
-
O 'avó' do CAAN atopa un novo fogar cunha familia de Cardiff
Por Redacción |
-
O colexio Mosteiro estrea as visitas escolares ao Centro de Acollida e Protección de Animais
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación rexistrou en 2021 a cifra récord de 660 adopcións
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Denuncian dúas mulleres gravadas en vídeo mentres abandonan un can ás portas da protectora
Por Natalia Puga |
-
587 animais adoptados neste 2021, cifra récord no CAAN
Por Redacción |
-
Recupéranse no Centro de Acollida dúas cadeliñas de dous meses abandonadas xunto coa súa nai en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan penalmente o home que abandonou seis cachorros nun contedor de lixo
Por Redacción |
-
Reto completado: o CAAN atopa un fogar para os avós do centro
Por Redacción |