Unha senda peonil mellorará o acceso á praia de Aguete
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín poñen en marcha unha mellora no acceso á praia de Aguete coa creación dunha senda peonil. O convenio entre ambas as institucións xa está aprobado e agora ábrese o expediente para contratar os traballos.
Esta senda busca unha mellor mobilidade peonil na EP-1205 ata chegar ao areal marinense. As obras contan cun orzamento que se eleva a 230.840 euros, sufragados nun 70% pola Deputación e o resto polo Concello, que os financiará tamén a través do Plan Concellos do organismo provincial.
Segundo a institución provincial, a senda peonil será diferenciada pola súa marxe dereita, en dirección á praia, de 2,5 metros de ancho, separada da calzada mediante marcos. Instalarase sinalización horizontal e vertical. Ademais, está prevista a creación dunha zona de 50 centímetros de ancho na marxe esquerda e unha cuneta de seguridade da mesma extensión, para facilitar a permeabilidade peonil.
Con esta actuación, que seguirá os criterios de mobilidade da Deputación, quérese transformar esta zona nunha contorna segura debida a que o acceso á praia atópase moi concorrido durante os meses de verán e na actualidade non existe unha zona para o tránsito de persoas de maneira segura e os bañistas están obrigados a invadir a calzada para chegar ao areal.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a nova senda peonil da praia de Aguete
Por Redacción |
-
A Deputación asumirá todo o investimento para mellorar o acceso á praia de Aguete en Marín
Por Redacción |
-
Novas achegas do Plan Concellos para Marín e Bueu
Por Redacción |
-
A Deputación investiu no Morrazo máis de 48 millóns de euros nos últimos 6 anos
Por Oskar Viéitez |