Tres días de encontro con Etiqueta Negra, o maior 'escaparate' do gourmet galego
Durante os tres próximos días, o Recinto Feiral de Pontevedra convértese no lugar de referencia para os produtos gourmet galego. Tras un ano de parón pola covid-19, volve a feira Etiqueta Negra que reúne a un centenar de produtores de alimentos delicatesen.
Viños, licores, vermús, cervexas, cafés, infusións, marmeladas, mel, galletas, tortas, doces, xeados, aceites, queixos, patés, carnes, caracois, embutidos, conservas, cogomelos, legumes, salsas e aderezos ou pans e empanadas son algúns dos produtos que se ofertarán.
Moitos destes produtos poderán degustarse tanto na zona de catas como na vinoteca, espazos destacados que ofrecerán unha intensa programación continuada cada trinta minutos. Ademais, haberá unha cafetería que xestionará o cociñeiro Iñaki Bretal.
A feira, que foi inaugurada este venres, abrirá en horario ininterrompido, o venres e o sábado de 11.00 a 21.00 horas e o domingo, ata as 20.00 horas.
A entrada ao Recinto Feiral costa 3 euros por día pero tamén se pode comprar un abono para os tres días ao prezo de 5 euros.
Ao longo das tres xornadas da feira haberá exhibicións de cociña, catas comentadas ou un punto de encontro profesional para exportadores, distribuidores, tendas gourmet ou restauradores como apoio ao acceso a novos mercados e a expansión dos seus negocios.
Relacionadas:
-
Máis de 5.000 asistentes confirman o éxito de Etiqueta Negra no seu regreso
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os sabores gourmet que revolucionan a gastronomía galega
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Este venres abre as súas portas a feira 'Etiqueta Negra' cun centenar de produtores para saborear Galicia
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
RADIO.- "Etiqueta Negra vai sorprender ata os padais máis esixentes"
Por Redacción |
-
Etiqueta Negra volve "con forza" para mostrar o potencial de Galicia nos produtos gourmet
Por Alejandro Espiño |