137 gatos foron esterilizados durante este mes de novembro na campaña de 'Castro, luego existo'
Por Redacción
Durante os días 20 e 21 de novembro acometéronse campañas de esterilización de colonias de gatos en Combarro e Samieira. O colectivo 'Castro, luego existo' desempeñou esta actividade co apoio da concellería de Medio Ambiente e tamén de agrupacións locais como Bigotes Felinos.
Durante estas xornadas tratáronse a 137 animais, a través dunha incisión moi leve, que non requiría post- operatorio. Segundo Xosé Luís Martínez, concelleiro de Medio Ambiente, a iniciativa tamén permitiu retirar das rúas a varios gatos abandonados, algúns deles xa se atopan en trámites para que sexan adoptados por unha familia.
Segundo indicou o responsable municipal rexistrouse unha importante implicación veciñal, unha acción moi positivo para establecer un control rigoroso das colonias de gatos no municipio. Ademais, a campaña permite que persoas propietarias de gatos acometan a esterilización a prezos económicas, sen que teñan que abordar custos de desprazamento, indica o concelleiro.
Ata o momento pecháronse ao redor de media ducia de colonias que se detectaron en varios núcleos. Durante estes días intervíñase en Combarro e en dúas zonas de Samieira, tamén no lugar de Casalvito. Ao longo deste ano xa se realizaron outras campañas na contorna da Caeira, en San Salvador. Debido ao éxito destas accións, o Concello anuncia o seu interese en seguir colaborando con estas asociacións de fronte ao futuro.
Relacionadas:
-
Nova campaña de esterilización de gatos do colectivo 'Castro, luego existo'
Por Redacción |
-
Férrea marcaxe ás colonias de gatos rueiros por parte do Concello de Poio
Por Redacción |
-
Poio anima a esterilizar os gatos para evitar que aumenten as colonias felinas
Por Redacción |
-
Poio perfila un plan para esterilizar os gatos que viven na rúa
Por Redacción |
-
Buscan os responsables do abandono dunha gata nunha bolsa precintada
Por Oskar Viéitez |