Rechamante colisión de madrugada no centro de Caldas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O tramo urbano do Nacional 550 ao seu paso por Caldas de Reis foi escenario dun espectacular choque frontal entre dous vehículos na madrugada de sábado a domingo.
O suceso produciuse arredor das 6:00 da mañá fronte ao concello, antes da ponte sobre o río Umia, e afectou tamén levemente a un coche da Policía Local aparcado nas inmediacións.
A pesar da aparatosidade ningún dos ocupantes de ambos os dous vehículos resultou ferido, pero un dos condutores deu positivo na proba de alcoholemia.
Segundo confirmou a Policía Local, abríronse dilixencias contra este condutor.