Os tres tripulantes do narcosubmarino de Aldán esperarán en prisión o xuízo na Audiencia de Pontevedra
Por Redacción
Os tres tripulantes do narcosubmarino interceptado e afundido na ría de Aldán, en Cangas, en 2019 tras cruzar o Atlántico cargado de máis de tres toneladas de cocaína seguirán en prisión provisional á espera de xuízo. Serán xulgados na Audiencia Provincial de Pontevedra e a vista oral, en principio, está fixada para o próximo mes de decembro.
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra decidiuno desta forma nun auto emitido este mércores tras celebrar hai dúas semanas unha vista para revisar a prórroga de prisión.
Finalmente, os maxistrados do tribunal provincial han acordado prorrogar a súa situación de prisión provisional, comunicada e sen fianza durante dous anos.
A decisión baséase, segundo avanzou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en que a celebración do xuízo está moi próxima e en que o tribunal entende que persisten os motivos polos que se acordou o seu ingreso en prisión provisional, é dicir, "risco de fuga e as altas penas de cárcere que conlevan os delitos polos que están investigados".
Por esta causa hai investigadas sete persoas, para as que a Fiscalía de Pontevedra pide penas de 13 anos e medio de cárcere para cada un e o pago de dúas multas de 300 millóns de euros.
Os sete están acusados por un delito contra a saúde pública agravado por tratarse dunha cantidade de notoria importancia e que causa grave dano á saúde, así como polo uso dunha embarcación e por cometerse no seo dunha organización criminal.
A incautación do narcosubmarino foi resultado dunha investigación da Garda Civil, a Policía Nacional e a Axencia Tributaria, que estableceron un operativo de vixilancia en novembro de 2019 por mor dunha alerta do Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico, con sede en Lisboa.
Sóubose que o semisumerxible cruzaba o Atlántico con dirección a Galicia e sospéitase que a súa intención era transvasar a droga a outra embarcación que a trasladaría a terra. O mal tempo e o operativo policial frustraron os seus plans, de modo que a tripulación optou por afundir o narcosubmarino e tentar fuxir. Ese día foron detidos dous tripulantes e, pouco despois, o terceiro e outros catro implicados.
Relacionadas:
-
Os tres tripulantes do 'narcosubmarino' interceptado en Aldán decláranse culpables ante o tribunal
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
A rocambolesca historia do 'narcosubmarino', a xuízo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Once detidos e máis de 30 quilos de droga intervidos nunha operación en Pontevedra e A Coruña
Por Natalia Puga |
-
Arrestada unha camareira dun local de lecer de Vilagarcía por vender cocaína
Por Oskar Viéitez |