As amigas non apoian a versión da menor que denuncia unha agresión sexual nun pub
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia de Pontevedra deixou visto para sentenza un xuízo polos delitos de agresión sexual e lesións. A Fiscalía solicita oito anos de prisión para o porteiro dun pub acusado de agredir sexualmente unha menor no interior do local. O acusado defende a súa inocencia e nega os feitos.
Segundo o relato do acusado, en xullo de 2018, cando el tiña 22 anos, tres mozas que coñecía "de verlas por el pueblo" pedíronlle que as levase en coche ata A Guarda, viaxando todos eles no vehículo dun amigo. Ao chegar ao seu destino o mozo despediuse delas e foise a traballar a un local de copas.
Sobre a unha e media da madrugada o dono do local pediulle que expulsase do establecemento a tres menores de idade que "estaban bebiendo cubatas y fumando" no piso superior do pub. Ao atoparse con estas menores, segundo explicou o acusado, descubriu que eran as mozas que levaran no coche e díxolles que se marchasen. Ao chegar á escaleira, a denunciante "al bajar el último escalón resbaló y cayó".
O acusado afirmou que "hora y pico más tarde, para mi sorpresa, apareció allí la Guardia Civil" xunto ao pai da moza "diciendo que le había tocado el culo".
Este home asegurou ante en tribunal que "nunca llegué a tocarla" e que "jamás" a piropeou nin tentou bicala "jamás se me pasaría por la cabeza".
Preguntado polo fiscal sobre o motivo da denuncia da menor, o novo porteiro dixo que cando expulsou ás mozas do pub a denunciante díxolle que "te vas a arrepentir de habernos echado" polo que cre que se trata de "una venganza". "No me lo explico", engadiu.
A denunciante, que tiña 13 anos no momento no que se produciron os feitos, declarou a porta pechada.
O fiscal entende que co seu testemuño quedaron "suficientemente acreditados" os "tocamientos" con "ánimo libidinoso" polos que acusa a este home.
Tamén pediu a dedución do testemuño das dúas amigas da acusada, únicas testemuñas da suposta agresión e que hoxe aseguraron ante o tribunal non lembrar nada. O representante do Ministerio Público entende que estas mozas "sufriron presión" e apunta a "posible comisión de un delito de falso testimonio".
O avogado da defensa pediu a libre absolución do seu cliente porque "no resulta acreditada" a acusación e remarcou que nin as súas propias amigas e únicas testemuñas apóiana.
Ademais destacou que na declaración da denunciante houbo "incongruencias graves, severas e importantes", chegando a modificar a súa versión inicial dos feitos. Así, hoxe dixo que non coñecía ao porteiro e "refirió heridas que no existieron" ao apuntar que o acusado lle mordeu nun peito e introduciulle os seus dedos na vaxina, desta última agresión non informara con anterioridade.
Este letrado sostivo que este relato "carece de verosimilitud", non está acreditado por parte médico algún e insistiu no "móvil espurio" da denunciante, fundamentado en "la venganza y el resentimiento" por botala do local de copas, algo que entende como "fruto de la inmadurez".
O fiscal mantivo a súa imputación ao acusado un delito de agresión sexual a unha menor e, ademais da pena de prisión, reclama que se lle impoñan oito anos de liberdade vixiada tras a súa saída do cárcere.
Durante ese período, debería comunicar cada cambio de lugar de residencia ou posto de traballo, non podería aproximarse á vítima nin comunicarse con ela e tería que participar de maneira obrigatoria en programas de reeducación sexual.
A iso, a Fiscalía suma unha indemnización de 1.000 euros á vítima polas lesións sufridas e o dano moral que lle provocou este episodio e o pago dunha multa de 360 euros, a razón de seis euros de cota diaria.
Relacionadas:
-
A Audiencia absolve o porteiro dun pub acusado de tocar o cu a unha menor cando a expulsaba do local
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide catro anos de condena para un home que tentou secuestrar unha adolescente na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Piden oito anos de prisión por unha agresión sexual a unha menor nun pub da Guarda
Por Redacción |