Sanxenxo mantén o IBI reducido para os próximos dous anos
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asinará na primeira semana de novembro o decreto que inicia o proceso administrativo para a elaboración e tramitación do orzamento de 2022 da entidade local e os catro organismos municipais Terra, Nauta, Insula e Turismo. A intención do goberno é aprobalo antes de finalizar o ano.
Desde o Concello de Sanxenxo infórmase de que a pesar das consecuencias económicas que supón o incremento do prezo da luz, que obrigará a triplicar a partida no orzamento municipal, e a sentenza que declara inconstitucional a plusvalía pola que o Consistorio ingresaba 2 millóns de euros anuais, o goberno local manterá os impostos no mínimo posible.
Fontes municipais manifestan que o Goberno de España debe arbitrar a forma de compensar aos concellos pola caída de ingresos que supón a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o imposto de plusvalía.
Á espera desas medidas compensatorias, o goberno local lembra que os tres impostos que afectan a máis cidadáns en calquera concello son o IBI, a taxa de lixo e o imposto de vehículos. E que nos tres casos, Sanxenxo "mantenos no mínimo, moi por baixo de concellos similares da nosa contorna, Poio, O Grove, Pontevedra e Vilagarcía".
Engade que no caso do IBI, o imposto de maior recadación, hai seis anos que o goberno local baixouno do 0,48% ao mínimo que permite a lei, o 0,40%, que manterá en 2022 e 2023.
A decisión de manter o nivel impositivo do IBI, lixo e vehículos no mínimo supón recadar 5,4 millóns de euros menos ao ano, aclaran desde o Concello á vez que apuntan que ese diñeiro servirá, en poder dos veciños, para xerar máis consumo, máis actividade económica e emprego.
Relacionadas:
-
Sanxenxo aplicará bonificacións na nova ordenanza de plusvalías
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento municipal para 2022 que se eleva a 32,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo incrementará o IBI só aos propietarios de segundas residencias
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo constata o incremento de obra de nova vivenda cun aumento do número de licenzas
Por Redacción |
-
Sanxenxo rebaixará o recibo da auga e manterá conxelados o resto de tributos
Por Redacción |
-
O goberno de Telmo Martín presume de establecer os impostos máis baixos entre os municipios da contorna
Por Redacción |