Aprobado o orzamento municipal para 2022 que se eleva a 32,5 millóns de euros
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo xa conta con orzamento para 2022 despois de que na sesión plenaria deste martes aprobaran o documento que contempla unha cifra de 32,5 millóns de euros, sumados entre a entidade local, Turismo de Sanxenxo, Nauta e Ínsula.
O orzamento foi aprobado cos dez votos dos concelleiros do Partido Popular; a abstención de SAL e Ciudadanos, que abandonaba a sesión durante o momento da votación; e os cinco votos en contra por parte da representación do BNG e do PSOE na corporación.
Paula Martínez, concelleira de Facenda, defendeu a proposta popular e quixo destacar a estabilidade financeira e económica do Concello, ao pechar este exercicio cunha redución de débeda de 8 millóns de euros desde 2017. Anunciou tamén que en 2022 poñeranse en marcha un total de 19 proxectos con achegas doutras administracións. Segundo explicou na súa exposición, "por cada millón de euros que pon o Concello, o resto de adminsitraciones pon 2 e 3 millóns".
A responsable da área tamén se referiu á sentenza do Tribunal Supremo sobre a leira das Cunchas, que obriga ao Concello a pagar 9,9 millóns de euros. Martínez recoñeceu que os avogados están a estudar o caso e que, a pesar da sentenza, os proxectos previstos e os servizos comprometidos continuarán en marcha sen que queden condicionados pola resolución xudicial.
O orzamento recolle as obras previstas na Praza de Vilalonga (795.000 €); a Praza do Pazo (522.550 €); o campo de festas de Dorrón (180.000 €); o campo de festas de Aios (48.000 €); a humanización de Bordóns (65.000 €); o plan de asfaltados (580.000 €); e a posta a punto de parques infantís (125.000 €).
Nauta contempla a execución da primeira fase do proxecto Batea en terra do porto deportivo de Sanxenxo por unha cantidade de 1,5 millóns de euros, que se sufragará coa actividade comercial desta sociedade municipal que xestiona o porto deportivo. Tamén se inclúe a nave da Policía, Emerxencias e Servizos, por un valor de 1,8 millóns de euros, cifra que aparece no orzamento de Insua, a empresa municipal de Vivenda e Solo.
O goberno local expón que para o próximo ano tamén se contemplan outras actuacións que non aparecen no orzamento como a humanización da contorna do mercado de abastos e o colexio de Portonovo, cun investimento de 833.000 euros; a mellora do pavillón de Baltar que se eleva a 1.071.413 euros, que se pagarán entre o Concello e a Deputación, que asumirá 803.574 euros; a mellora do vial de Noalla - A Lanzada, con 733.000 euros, que achega a Deputación; a humanización da estrada de Adina con 1.000.000 de euros de presupusto, con 700.000 euros procedentes da institución provincial; a mellora e humanización delvial O Vinquiño - Contumil, cun orzamento que supera os 500.000 euros; ou o Boulevard de Portonovo, orzado en 2,3 millóns de euros, con 1.174.387 euros que se investirán en 2022, con 825.071 procedentes da Xunta de Galicia.
En relación aos fondos Next Generation, estas axudas europeas destinaranse a financiar a segunda fase do Pazo de Quintáns, a senda litoral ría de Arousa e a mellora do centro de interpretación da Telleira, cun orzamento total de dous millóns de euros. Segundo a concelleira, en 2022 van acometerse proxectos valorados en máis de 15 millóns de euros, ao contemplarse a derriba do actual mercado de Sanxenxo para construír un novo ou o peche da pista deportiva de Nantes, que se atopa en proceso de licitación.
Relacionadas:
-
Sanxenxo arranxará o Camiño da Fontiña durante os dos próximos meses
Por Redacción |
-
Os traballos na senda peonil de Dorrón comezarán este ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo aproba un plan de medidas antifraude para tramitar os fondos Next Generation
Por Redacción |
-
O proxecto para remodelar o campo de festas de Dorrón xa está listo
Por Redacción |
-
Doce posibles licitadores visitan Portonovo para participar no concurso de ideas para remodelar o porto
Por Redacción |
-
Recoñecemento do firme e dos sinais verticais en Sanxenxo para mellorar a seguridade viaria e de tráfico
Por Redacción |
-
O Concello e os praceiros traballan no novo mercado, que estreará modelo de bancadas
Por Redacción |
-
O Supremo condena a Sanxenxo a pagar 9,9 millóns aos Rocafort pola leira e o vial de As Cunchas
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo destinará 655.000 euros do orzamento do 2022 ao servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
Sanxenxo prevé aprobar o seu orzamento de 2022 antes de que acabe o ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo mantén o IBI reducido para os próximos dous anos
Por Redacción |