Deteñen un home de 30 anos que agrediu violentamente a súa parella diante do fillo
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra informaba este xoves de que o martes 26 de outubro detiña a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
Sobre as 17.45 horas, os axentes recibiron o requirimento dun familiar dunha muller para que acudisen a un domicilio do municipio para atender a unha vítima de violencia de xénero.
Segundo o relato recolleito polos axentes, durante o transcurso dunha disputa familiar, o home, de 30 anos de idade, agredía violentamente a súa esposa. O presunto agresor tiraba á vítima ao chan e propináballe reiterados puñadas en todo o corpo. A acción violenta producíase ante a presenza do fillo da parella, un menor de idade.
Tras a agresión, o home abandonaba a vivenda familiar e os axentes lograron localizalo noutro domicilio. Ante a presenza policial, recoñeceu a agresión e indicou que dera puñadas en varias partes do corpo da muller, ademais de mordela no brazo.
Os axentes procederon á súa detención e trasladaron a este veciño de Pontevedra ás dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Detido un pontevedrés por incumprir a orde de afastamento da súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Andaina polo Camiño Portugués para mobilizar a poboación contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Unha de cada catro vítimas da violencia de xénero en Pontevedra son mulleres estranxeiras
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos de malos tratos psicolóxicos, "da forza da voz para facer dano"
Por Marisa Ciordia |
-
A Subdelegación forma aos profesionais que traballan no eido da violencia de xénero
Por Redacción |