PonteEmprego xunta a oferta e a demanda laboral no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, abriu este mércores o completo programa incluído na feira de emprego de Pontevedra.
Román cualificou PonteEmprego como "unha ousadía", pois o Concello carece de competencias directas en materia de emprego, pero recalcou que a Administración local "non pode quedar de brazos cruzados diante das preocupantes cifras do paro", que tamén se deixan sentir nas rúas da cidade. Describiu esta iniciativa como unha aposta pola intermediación laboral e pola "capacitación emocional" das persoas que buscan emprego, nuns momentos nos que é moi fácil desanimarse.
Esta feira especializada no mercado laboral conta coa oferta de 123 postos de traballo en Pontevedra en áreas tan variadas como a educación, construción, limpeza ou informática.
No Pazo da Cultura pódense atopar talleres de empleabilidad, conferencias e debates, ademáis dunha zona para que as empresas se dean a coñecer e os asistentes coñezan as súas necesidades laborais e outrra zona de intermediación e bolsa de contratación.
Na xornada desde mércores houbo relatorios sobre como xestionar as redes para o emprego, técnicas para vender todo o potencial do demandante de emprego; a aprendizaxe permanente, os certificados de Profesionalidade, ou un avance de como son os empregos do século XXI.
Para o xoves día 24 está previsto que o IGAPE presente un relatorio sobre as liñas de apoio e os servizos da Xunta de Galicia aos proxectos emprendedores, entre os que compre salientar os programas de Microcréditos e o Reemprende.
O importe máximo dos microcréditos concedidos ao abeiro deste programa é de 25.000 euros, e o prazo de amortización está fixado nun máximo de 5 anos. Os microcréditos concedidos polas entidades financeiras estarán avalados nun 100% polas sociedades de garantía recíproca (SGR), ao abeiro do convenio asinado co Igape.
Relacionadas:
-
Con PonteEmprego, segundo Carlota Román, "no nos quedamos con los brazos cruzados ante el paro"
Por Redacción |
-
Antón Losada: "O actuamos dun xeito colectivo ou vai ser imposible recuperar moitos dos dereitos que perdemos"
Por Oskar Viéitez |
-
ÿltimos días para presentar currículos para PonteEmprego onde se ofertarán 123 postos de traballo
Por Redacción |
-
PonteEmprego só admite currículos vía online na súa segunda edición
Por Redacción |