Tres detidos por distribución de heroína enfróntanse a 16 anos de prisión
Por Redacción
Este xoves 24, a sección segunda da Audiencia Provincial acolle un xuízo contra tres persoas que foron detidas pola distribución de heroína no Salnés. J.D.R. de 43 anos e con antecedentes, foi investigado polo Equipo contra o Crime Organizado de Galicia (ECO) ao comprobarse que se dedicaba á venda de importantes cantidades de heroína na bisbarra do Salnés, empregando diversos distribuidores aos cales vendía a droga para que as distribuísen a menor escala.
A heroína era proporcionada por un veciño do Vao que xa ten abierto outro procedemento por esta mesma causa. Entre o 12 de decembro de 2009 e o 12 de xaneiro de 2010 mantiveron 14 citas nas que, segundo o informe da Fiscalía, tería adquirido unha cantidade aproximada de 3,7 quilos dunha pureza descoñecida.
Un dos seus clientes de J.D.R. era a tamén imputada A.M.V.R. coñecida como "Vita" de 39 anos de idade e con antecedentes penais que colabora con P.G.D., de 52 anos, con varios antecedentes penais.
A raiz destes datos, a unidade policial investigadora comprobou como en Vilanova de Arousa se realizou un encontro no que J.D.R. trasladaba Vita e P.G.D. a cantidade de 501,200 gramos de heroína cunha pureza do 33,34% e un valor no mercado ilícito de 13.213,62 euros. No momento da entrega produciuse a detención.
Para J.D.R. solicítanse 6 anos de prisión e 5 anos para Vita e P.G.D., respectivamente.