O Concello de Vilaboa compra tres biotrituradoras para prestarllas aos veciños
Por Redacción
O Concello de Vilaboa adquiriu novas biotrituradoras, a través dunha subvención concedida pola Xunta con fondos europeos, que destinará ao préstamo á veciñanza. É unha acción que supón un novo paso na aposta do goberno local pola reciclaxe.
Esta axuda permitiu ao Concello mercar tres novas biotrituradoras, maquinaria que estacionalmente conta cunha forte demanda para desfacerse de restos de poda e ramas de ata sete centímetros de diámetro. Por elo, se algún residente en Vilaboa precisa desta ferramenta, só ten que dirixirse ao Concello para solicitar o seu préstamo por un período de sete días.
Por outro lado, o Concello continúa tamén co reparto dos 300 composteiros adquiridos con esta mesma subvención e que teñen como destino os fogares de Vilaboa que así o soliciten, aos que chegarán coa ferramenta necesaria para o seu manexo. Ata a data, o executivo municipal ten repartidos 1.224 composteiros, o que da cobertura ao 60% das vivendas habitadas.
O reparto dos novos contenedores mercados permitirá ampliar esta porcentaxe ao 72%.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, apunta que para conseguir unha xestión eficaz do lixo, “económica e ambientalmente sostible” é imprescindible “a participación e implicación da ciudadanía”.