A Plataforma en Defensa do Ensino Público prepárase para a primeira gran batalla contra a Lei Wert
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
"ÿ unha folga para frear a LOMCE porque promove unha segregación do alumnado e a vulneración da igualdade de oportunidades no ensino", así xustifica Margarida Branco, de Comisións Obreiras, a folga convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para este xoves. Séntense avalados polos cidadáns polas consultadas realizadas nas mesas que instalaron na rúa, nas facultades e nos centros de secundaria nos que unha gran maioría dos participantes rexeitaban a Lei.
Raúl Gómez Farto de UGT indica que non entende a postura por parte do ministro porque "cando haxa outra maioría parlamentaria vai derrogarse esta leus porque hai millóns de razóns".
Francisco Freire de la Confederación de Pais e Nais (CONFAPA) mostrou a súa preocupación pola aplicación da lei co seu intento de restar participación dos pais na comunidade escolar. Reclama a necesidade dun pacto político para evitar que con cada cambio de goberno se produza unha reforma educativa. Sinala que se realizou unha consulta cidadá, tanto en internet coma na sede situada na rúa San Guillerme, na que se facían dúas preguntas: "Rexeita vos recortes en educación? " e "Rexeita ás políticas educativas do Goberno central? ". Na primeira o 100% rexeita os recortes e á segunda o 97% tamén as rexeita.
A folga do xoves contará cunha manifestación que comezará ás 19:30 horas na Praza da Ferrería. En Vilagarcía, á mesma hora, tamén se desenvolverá unha manifestación pola Avenida da Mariña, fronte á Casa do Mar.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público lamenta a carga ideolóxica e económica da LOMCE
Raúl Gómez Farto. Plataforma en Defensa do Ensino Público
CC BY-NC-SA PontevedraViva