As protestas contra a LOMCE volverán en setembro
Por Redacción
Poucos foron os asistentes á concentración contra a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) convocada pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público que se realizou na Praza da Peregrina durante a tarde deste mércores 4 de xuño.
Trátase do último acto de protesta que esta Plataforma ten previsto realizar durante o presente curso pero anuncian que a partir de setembro co inicio do novo curso escolar intentarán evitar a implantación da LOMCE. No comunicado que leron durante este acto, os membros da Plataforma rexeitan o centralismo que, afirman, intenta impoñer esta lei. Este colectivo considera que a nova norma é retrógrada e que vai en contra dos intereses do ensino galego.
Ademais, os integrantes deste movemento reclaman a gratuidade dos libros de texto e a obrigatoriedade dos comedores escolares, ao mesmo tempo que rexeitan os recortes na educación.
Relacionadas:
-
Un 'abrazo' ao IES Luis Seoane para protestar polos recortes na educación pública
Por Diego Espiño |
-
Normalidade no inicio do curso en secundaria, bacharelato e FP
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra móllase contra a Lei Wert
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Plataforma en Defensa do Ensino Público prepárase para a primeira gran batalla contra a Lei Wert
Por Redacción |