Ferida unha condutora tras sufrir unha indisposición ao volante
Por Redacción
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cuntis atendeu na mañá deste mércores un accidente de tráfico no lugar en Portodegómez no enlace da estrada nacional N-640.
A condutora do vehículo accidentado sufriu unha indisposición perdendo o control do coche e saíndose da vía.
A muller resultou ferida e foi trasladada nunha ambulancia do 061 ao Complexo Hospitalario de Santiago.