Ferida unha condutora nun accidente en Cuntis
Por Oskar Viéitez
Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico en Cuntis.
O suceso tivo lugar na mañá deste mércores na estrada Nacional N-640 no lugar de PortodeGómez.
Segundo informou o servizo de Protección Civil de Cuntis a muller foi trasladada en ambulancia ao Hospital Montecelo cun forte golpe na cabeza e varias contusións polo resto do corpo.
A muller entraba co seu turismo nun cruzamento para dirixirse á súa vivenda cando foi arremetida por unha furgoneta. O condutor deste último vehículo resultou ileso. Como consecuencia do golpe a muller quedou inconsciente, cando recuperou o coñecemento non lembraba o que sucedera.