Recupéranse no Centro de Acollida dúas cadeliñas de dous meses abandonadas xunto coa súa nai en Vilaboa
Por Oskar Viéitez
Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra desprazouse a Vilaboa o pasado venres tralo aviso de Protección Civil para recoller a unha cadela, "Tela", e as súas dúas crías, "Mini" e "Lola", que teñen dous meses e medio e que apareceron abandonadas na zona de Postemirón.
Os animais están a evolucionar favorablemente nas dependencias do CAAN.
Ademáis os seis cachorros que a pasada semana foran arroxados nun colector en Sanxenxo recupéranse coa súa nai no Centro de Acollida situado en Armenteira.
Estes animais chegaron nun estado moi delicado, con apenas horas de vida e cunha grave hipotermia, e de momento están a ser aleitados pola súa nai e evolucionan de xeito favorable, con especial vixilancia por parte do persoal do centro, aínda que pola súa curta idade seguen a ter un gran risco.
Os cachorros son catro femias "Brisa", "Brétema", "Laias" e "Centella" e dous machos, "Mauro" e "Allo", que foron recollidos nun dispositivo conxunto da Garda Civil e a Policía Local de Sanxenxo tras ser abandonados nun colector de lixo.
Tras localizar ao propietario, contra quen o Seprona instruíu dilixencias por un presunto delito de maltrato animal, este deixou que a nai, "Lúa", foera levada ao centro da Deputación para aleitar as súas crías.
De seguir a súa boa evolución, os cachorros sairán en adopción unha vez teñan completada a súa pauta de vacinación completa, aproximadamente aos tres meses de idade.
Relacionadas:
-
Rescatan sete cachorros abandonados en dous contedores
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación rexistrou en 2021 a cifra récord de 660 adopcións
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta concede axudas ás protectoras de Cambados e Vilagarcía
Por Redacción |
-
587 animais adoptados neste 2021, cifra récord no CAAN
Por Redacción |
-
EduCAANdo, a campaña para concienciar os escolares sobre a responsabilidade de adoptar animais
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Investigan penalmente o home que abandonou seis cachorros nun contedor de lixo
Por Redacción |