Promoción Económica organiza numerosas actividades en toda a cidade ao redor dun concurso de escaparatismo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco ven de presentar un novo concurso de escaparatismo no que os establecementos participantes decorarán a fachada ou o escaparate da súa tenda con motivos acordes á temática da campaña: “Decoración sostible”.
A decoración deberá ter uns elementos concretos en función da zona de Pontevedra na que se atope o local. Así habilitaranse tres puntos sostibles situados en distintas zonas da cidade. Son espazos informativos realizados con distintos elementos nos que se pode ampliar información sobre os materiais que se utilizaron para a súa fabricación.
Un punto estará situado na Rúa Rosalía de Castro (diante da Audiencia) no que a cidadanía poderá ampliar información sobre os materiais reciclados como as pinturas e o plástico. Outro punto estará situado na Praza de Ourense (en fronte da igrexa de San Francisco) adicado ás fibras naturais como a la, o algodón ou o sisal. E o terceiro punto será na Rúa Loureiro Crespo (diante do Hospital Provincial) especializado en plantas naturais e a madeira.
O día 18 de noviembre un xurado profesional realizará una ruta para visitar todos os establecementos participantes e seleccionará os tres mellores, que terán un premio de 600 euros cada un.
Ademáis do concurso a iniciativa engloba diversas actividades relacionadas coa ecoloxía, a natureza, a sostibilidade e o apoio ao comercio local nas que se busca a implicación da cidadanía, dos comercios e dos máis pequenos da casa. Desenvolveranse do 27 de setembro ao 19 de outubro.
Co nome de "Rock in the air" programáronse os concertos de Bolvoretas e Little garden, (venres 8 de outobro na Praza da Peregrina), Flores e Bosque encantado (sábado 9 de outubro na Praza de España), Vestidos brancos e Little garden (domingo 10 de outubro na rúa Andrés Muruáis), Flores e Saltóns (sábado 16 de outubro), Vestidos brancos e Carriño de fadas (domingo 17 de outubro).
Yoya Blanco tamén indicou que están previstos obradoiros infantís impartidos por monitores profesionais que guiarán aos rapaces na creación de xoguetes, de bolsas da compra, ou a facer un horto urbano.
Por visitar os puntos sostibles, facer un selfie e subilo ás redes co hashtag #omeucompromiso os cidadáns poden ter premio. Entre todos os que fotografien o momento, sortearanse 10 vales de 20 euros para trocar nos comercios adheridos á campaña. Os gañadores aparecerán publicados o día 19/10/2021 nas redes sociais oficiais.
Por último, Yoya Blanco explicou que as rúas serán unha experiencia incrible para toda a familia da man dos espectáculos da compañía de Pablo Méndez Performance. Durante cinco días farán pasarrúas con temáticas distintas para o gozo de pequenos.
Relacionadas:
-
Bicos para subir a autoestima e apoiar o comercio local
Por Diana Eiras & María José Pita |
-
Visita do xurado do concurso de escaparatismo O Meu Compromiso aos 42 comercios participantes
Por Redacción |
-
As previsións de mal tempo obrigan a adiantar os espectáculos de rúa da compañía de Pablo Méndez
Por Redacción |
-
O Meu Compromiso, unha aposta por un comercio sostible e de proximidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un cento de comercios de Pontevedra compiten nun certame de escaparatismo
Por Redacción |
-
Decorados de fantasía en prazas e parques para promover o movemento económico nestas festas
Por Redacción |