A tormenta provoca caídas de árbores, inundacións e un accidente cun ferido en Cuntis
Por Redacción
A tormenta rexistrada a pasada madrugada deixou un regueiro de incidencias en Cuntis, onde o servizo municipal de emerxencias reporta caída de árbores e inundacións e un accidente no que resultou ferida unha persoa.
O accidente produciuse na estrada N-640 entre Cuntis e Caldas de Reis sobre as oito e media do serán deste martes no lugar de Portela.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE-112) recibiu un aviso dun particular por unha saída de vía e alertou aos servizos de emerxencias, entre eles, persoal sanitario, axentes da Garda Civil de Tráfico, GES da Estrada e Protección Civil de Cuntis.
Os membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil indicaron que a persoa implicada foi trasladada a un centro hospitalario.
En canto ás inundacións, rexistráronse nas rúas A Presiña e Bernardo Sagasta e en núcleos rurais.