896 persoas sen cita acudiron a vacinarse este sábado na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Gratamente sorprendidos estaban este sábado os profesionais sanitarios do equipo de vacinación do Recinto Feiral de Pontevedra. Desde primeira hora da mañá rexistrouse unha afluencia continuada á primeira xornada de vacinación libre na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Eran persoas maiores de 12 anos que aínda non foran inoculadas.
Segundo os datos facilitados polo Sergas na área sanitaria de Pontevedra O Salnés foron 896 as persoas vacinadas sen cita e 526 as que tiñan cita. En total 1.422 persoas.
Entre os asistentes a esta primeira xornada de vacinación libre a casuística era de moi variada con incidencias persoais de todo tipo, desde os motivos laborais, viaxes ata o cambio de opinión desde unha inicial negativa a recibir a vacina. O perfil é heteroxéneo neste grupo dos non vacinados no que a media de idade baixa dos 40 anos.
Tampouco son moitas as persoas que están sen vacinar na área sanitaria xa que o 92% dos pontevedreses maiores de 12 anos conta polo menos cunha dose da vacina.
Para o equipo de vacinación foi unha xornada complicada ao non saber a resposta cidadá que ía ter a convocatoria o que impedía controlar o número de doses necesarias duns viais que non deben romper a cadea de frío do soro de Pfizer, que foi o preparado que se administrou onte maioritariamente, e en menor medida o de Moderna.
A área sanitaria de Pontevedra O Salnés xa está inoculando a terceira dose de Moderna, para pacientes inmunodeprimidos.
AREA SANITARIA | CON CITA | SIN CITA | TOTAL |
A Coruña | 817 | 2.184 | 2.001 |
Ferrol | 115 | 383 | 498 |
Santiago - Barbanza | 634 | 1.000 | 1.634 |
Pontevedra - O Salnés | 526 | 896 | 1.422 |
Vigo | 490 | 1.913 | 2.403 |
Lugo - Mariña - Monforte | 234 | 691 | 925 |
Ourense - Verín - O Barco | 192 | 856 | 1.048 |
TOTALES | 3.008 | 7.923 | 10.931 |