Máis de 250 nenos participaron nos campamentos de verán de Marín
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada da concelleira de Educación, Marián Sanmartín, visitou este martes á rapazada participante nos campamentos de verán organizados polo Concello e que hoxe chegaron á súa fin.
Como despedida, os nenos gozaron dunha mañá na Finca de Briz, ata onde se trasladaron as representantes do goberno local e onde puideron intercambiar impresións co monitorado, que se encargou de explicarlles o bo funcionamento que tiveron as sesións.
"Con este tipo de oferta pública conseguimos, por unha banda, ofrecer unha alternativa de ocio para os máis pequenos da casa, que precisan de estímulos e de diversión durante a época do verán, pero ademais fomentamos a conciliación familiar nunha época do ano na que os pais e nais teñen máis dificultade por non hacer colexio", explicou a rexedora.
En total, durante os meses de xullo e agosto máis de 250 nenos participaron nestes campamentos, que este ano se desenvolveron entre as instalacións da Laxe e as casas de cultura de Seixo e Mogor.
Relacionadas:
-
Os campamentos infantís de Marín animaron o lecer de 300 nenos e nenas durante o verán
Por Redacción |
-
Marín asumirá dez euros ao mes por cada neno que teña comedor escolar
Por Redacción |
-
As actividades do Revitaliza durante o verán achegaron a compostaxe a preto de 1.400 nenos
Por Redacción |
-
Dez menores de Marín, en corentena tras un positivo nos campamentos de verán
Por Redacción |
-
Marín recibe máis de 170 solicitudes para os campamentos de verán
Por Redacción |