A Xunta recibirá o xoves aos traballadores de ENCE pero advirte: "Non temos alternativa"

Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O goberno galego insiste. "Non temos alternativa", asegura o vicepresidente Alfonso Rueda, para a localización da fábrica que Ence ten en Pontevedra. Así llo trasladarán aos representantes do comité de empresa cos que se reunirán o vindeiro xoves.
Será un encontro co titular de Industria e vicepresidente segundo, Francisco Conde, que segundo Rueda reiterará aos traballadores que o lugar "no que tiña que estar" a fábrica de pasta de papel "é no que está actualmente".
"É a localización que permitía a súa consolidación e o seu crecemento", sinalou o dirixente autonómico nun almorzo informativo celebrado en Pontevedra.
A Xunta, apuntou Alfonso Rueda, "se pode ser parte da solución o será", pero engadiu que as alternativas á fábrica de Ence "non poden partir dunha administración que dixo que a solución a tiñamos diante das narices e empeñámonos en rebentala".
"Os que queren que non siga a fábrica terán que ter unha solución se a fábrica non está. A Xunta non a ten", subliñou Rueda, que instou ao Concello de Pontevedra e ao Goberno central a non "poñerse de lado" despois de "provocar este terremoto".
Para a reunión da mesa de traballo sobre Ence, que o Ministerio para a Transición Ecolóxica convocou para o próximo 10 de setembro, o vicepresidente galego espera que estas dúas administracións "nos digan a todos cal é o plantexamento".
Ambas, insistiu Rueda, "de repente decidiron que aquí non podía seguir e que había que facer o posible para que marchara" e lamentou que, a falta dos recursos xudiciais que se expoñan á sentenza da Audiencia Nacional, "parece ser que o conseguiron".
"A Xunta non fixo nada. Son vostedes os que botaron a fábrica", díxolles, instándolles a que digan "cal é a solución para que o traballo de Ence quede na comarca de Pontevedra".
CRÍTICAS DO PARTIDO SOCIALISTA
A viceportavoz do grupo parlamentario do Partido Socialista, Paloma Castro, censurou as declaracións "absolutamente irresponsables" do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, respecto do futuro de Ence e considera "inadmisible que Feijóo e Rueda se poñan de perfil diante duns traballadores que reclaman a súa axuda para manter os seus postos de traballo".
A responsable socialista acusa ao vicepresidente da Xunta de "pretender que o Estado prevarique permitindo que a empresa vulnere a Lei de Costas que eles mesmos modificaron, e logo de que fora a Xustiza a que desbotara a prórroga concedida de forma irregular polo goberno do PP presidido por Mariano Rajoy".
Por último, a voceira socialista lamenta que "a desidia coa que a Xunta afronta a política industrial de Galicia durante estes anos fíxolle esquecer que o goberno autonómico é o que ten competencia na materia", e reclamou que "se poñan a traballar, que para iso presiden o goberno de Galicia, e non para abandonar á súa sorte aos traballadores e traballadoras de Ence".
Relacionadas:
-
Rueda insiste en que Goberno central e Concello deben dar unha solución ás familias prexudicadas polo peche de Ence
Por Redacción |
-
O conflito de ENCE 'cóase' na saída de La Vuelta a España en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello ve "irresponsable" que a Xunta siga defendendo que ENCE continúe en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
Instan ao Goberno a buscar unha "solución xurídica" para que ENCE siga en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG propón crear un consorcio forestal para pechar o ciclo de papel en Galicia "con ENCE ou sen ENCE"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP, coa mente posta nas municipais de 2023: "Non renunciamos a nada"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pablo Casado na Carballeira de San Xusto: "no entendemos cómo el Estado no ha defendido la viabilidad de Ence"
Por Redacción |
-
Rueda espera que o Goberno central e o Concello presenten solucións para o persoal de Ence
Por Redacción |
-
O venres 10 de setembro, día marcado para a segunda mesa de diálogo sobre Ence
Por Redacción |