Veciños e alcalde inauguran o Centro Sociocultural de Chain
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525da802c58b1-dsc_0127.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525da820e8823-dsc_0176.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e veciños do lugar de Chaín inauguraron oficialmente a conversión da antiga casa escola en Centro Sociocultural, cuxas obras tiveron un presuposto aproximado de execución duns 100.000 euros.
A pesar da intensa chuvia caída no municipio durante toda a xornada, os veciños recibiron con ilusión a finalización das obras que permitirán o desfrute dunhas instalacións para uso das distintas asociacións existentes no lugar de Chaín.
A celebración do día de Santa Teresa, festividade local en Chaín, serviu tamén para que os veciños aproveitasen esta xornada lúdico-festiva para recibir a finalización das obras de rehabilitación e conversión da antiga escola nun moderno e funcional centro sociocultural.
O inmoble, recén restaurado, conta cunha planta baixa, cunha superficie de 128 metros cadrados que, tras os traballos de acondicionamento, dispoñen dun salón de usos múltiples de 90 metros cadrados, 2 aseos e unha zona de 10 metros cadrados para albergar unha pequena cociña e almacén.
Ademais, como mellora, a empresa encargada de realizar as obras dotou o inmoble de equipamento con 50 cadeiras, 10 mesas pregables así como un televisor led de 42'' e DVD, sen custo ningún para o Concello, tal e como ofreceron no proceso de adxudicación.