Aumentan un 27%, respecto a 2020, as visitas á cidade durante as primeiras semanas de agosto
Por Redacción
Os datos recolleitos pola Oficina de Turismo de Pontevedra, entre o 1 e o 23 de agosto, mostran a melloría no número de visitantes ao municipio durante este mes ao municipio. Rexistrouse un incremento do 27% respecto ao número rexistrado durante o 2020, pasando de 6.178 a 8.469, cun aumento de 2.291 persoas.
A procedencia é maioritariamente nacional, segundo os mesmos datos, alcanzando o 95,38% das visitas, cun incremento de 2.052 respecto a as tres primeiras semanas de agosto do ano pasado. En todo caso, a sede de Visit Pontevedra, no edificio da Casa do Concello, tamén recolle un aumento de visitas internacionais, pasando de 152 en 2020 a 391 neste 2021.
As persoas procedentes da comunidade de Madrid (1.936), seguidas por catalás (1.197), andaluzas (984), valencianas (809) e vascas (764) conforman o maior número de visitantes.
Baixan lixeiramente os turistas galegos durante este ano. Rexistráronse 175 fronte aos 193 de 2020. En canto a procedencia internacional, Francia é a que achega máis número de turistas (109, 66 máis que en 2020), seguida por Portugal (100, 71 máis). A moita distancia atópanse alemáns (27), italianos (27), residentes en Países Baixos (22), México (16) e Reino Unido (14).
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica e Turismo, analiza estes datos confirmando unha recuperación para os sectores máis castigados pola pandemia e relaciona esta melloría co éxito da campaña de vacinación.
Neste sentido, afirma que o número de visitantes que participaron nas visitas guiadas mantívose en cifras similares ás de 2020 con 1.113 persoas (1.096 procedentes de España e 17 internacionais). A concelleira indica que este ano só se organizaron dous grupos de mañá e un de tarde, quedándose persoas interesadas sen poder participar debido a que os grupos teñen un límite de 20 persoas por motivos de seguridade sanitaria.
Relacionadas:
-
RADIO.- Falamos das cores, olores e sabores do outono turístico en Pontevedra
Por Redacción |
-
A metade dos visitantes que se pasaron polas oficinas de turismo en agosto viñeron a Sanxenxo por primeira vez
Por Redacción |
-
Sanxenxo pecha agosto cunha ocupación do 87%, vinte puntos máis que no 2020
Por Redacción |
-
A ocupación hostaleira rompe os prognósticos de xullo ao situarse nun 65 %, 17 puntos por encima do esperado
Por Manu Otero |
-
Segunda rolda de excursións en embarcacións tradicionais polo Lérez
Por Redacción |
-
Activan rutas diúrnas e nocturnas de paddle surf polo Lérez ata o 29 de agosto
Por Redacción |