Segunda rolda de excursións en embarcacións tradicionais polo Lérez
Por Redacción
O Concello de Pontevedra organiza unha segunda quenda de excursións en embarcacións tradicionais polo río Lérez. Despois do éxito da primeira entrega celebrada durante a Festa das Cunchas, a concellería de Turismo prepara unha segunda convocatoria coincidindo coas festas da Peregrina.
"Pola importancia de pór en valor a cultura mariñeira da Boa Vila, a importancia do barrio da Moureira, e a importancia dos nosos ríos, e que mellor que facelo nas datas das nosas festas, neste ano que segue a ser complicado", explica concelleira Yoya Blanco.
O prazo de inscrición xa se atopa aberto e debe realizarse a través da páxina web Visit- Pontevedra. Haberá saídas diarias do 8 ao 15 de agosto. Cada roteiro terá unha duración de 40 minutos e un aforo máximo para excursionistas de 6 persoas.