
© Concello de Pontevedra
Reformado o parque infantil de Valentín García Escudero cun investimento de 12.000 euros

Por Redacción

© Concello de Pontevedra

© Concello de Pontevedra
Desde este luns, o parque de Valentín García Escudero, situado preto da Ponte do Burgo, volve estar dispoñible para o público infantil despois dun mes no que se atopou pechado por obras.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, e o tenente de alcalde, Tino Fernández, anunciaban este luns esta reapertura dunha zona de xogo moi utilizada por escolares desta contorna do centro histórico.
Cun investimento de 12.000 euros restaurouse o pavimento de caucho, mellorando o amortecemento, tal e como establece a normativa europea e o Decreto autonómico sobre as condicións destes espazos.
Reparáronse tamén os elementos de xogo, que teñen estrutura de barco. Cambiáronse cordas, pezas, parafusos e ancoraxes que se atopaban deteriorados ou en mal estado. tamén se trataron os elementos de madeira con verniz e pintado. Ademais, cambiouse o anterior peche perimetral metálico que se atopaba oxidado por un novo valado de madeira.
Segundo Iván Puentes, este parque cumpre agora as máis estritas condicións de seguridade, tanto para evitar danos nas caídas como nas distancias entre xogos e conservación de superficies.
Relacionadas:
-
Viaqua actuará no xacemento de García Escudero para evitar as augas estancadas
Por Oskar Viéitez |
-
Instalan céspede artificial para completar a renovación do parque infantil de Ricardo Portela
Por Redacción |
-
En marcha a renovación integral do parque infantil de Valentín García Escudero
Por Redacción |