Retiran nun só día 14 niños de avespa velutina en Cuntis

Por Redacción
Os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis retiraron este martes 20 de xullo un total de 14 niños de avespa velutina nunha soa xornada.
O dato constata unha intensa actividade relacionada coa avespa velutina no término municipal de Cuntis, onde a agrupación de Protección Civil recibe a diario centos de chamadas para pedir solucións.
Segundo a información facilitada polo Concello de Cuntis, sempre se dá prioridade os niños situados en fogares ou moi próximos a vivendas e aquelas chamadas relacionadas con niños máis afastados da poboación desvíanse ao 112.
Nesta intensa xornada do martes 20, os niños retiráronse nos lugares de Vilar, Constenla, Cardecide, Guimarey, Couselo, Porto de Gómez, rúa do Convento ou a circunvalación Don Aurelio.
No caso do situado no lugar de Constenla, o equipo tivo que realizar o traballo a 25 metros de altitude, de maneira que o traballo foi máis difícil.
Desde o Concello explican que un factor decisivo nesta loita é a observación e Protección Civil ten localizados varios niños, en distintos lugares, que non elimina, senón que os utiliza para estudar o comportamento das avespas e así combatelas con máis efectividade.
Desta observación extraeron a conclusión de que non é suficiente con eliminalas, senón que tamén é preciso retirar os niños para impedir que as larvas que quedan neles reprodúzanse, coa calor como aliado, aos catro ou cinco días.
Relacionadas:
-
A pandemia chegou para revolucionar e acaparar a actividade de Protección Civil de Cuntis
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Retiran do interior dunha casa de Cuntis un niño de velutinas de gran tamaño
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cuntis constata un descenso do número de niños de velutina retirados
Por Oskar Viéitez |