VÍDEO.- Retiran do interior dunha casa de Cuntis un niño de velutinas de gran tamaño
Por Redacción
A auténtica invasión que protagonizou a vespa velutina ou avespa asiática en Galicia en xeral e na provincia de Pontevedra en particular segue ofrecendo imaxes que chaman poderosamente a atención.
A última delas viviuse en Cuntis, no lugar de Calvos, onde o Grupo Municipal de Emerxencias retirou do interior dunha casa un niño de grandes dimensións.
En concreto o niño de velutinas atopábase no faiado da vivenda, co perigo que iso pode chegar a supoñer.
Cada un destes niños, lembran os expertos, pode chegar a albergar máis de 1.500 insectos, polo que é importante solicitar axuda de persoal cualificado para proceder á súa retirada.
É o que fixeron os propietarios do inmoble, e esa axuda chegou por parte do persoal de Protección Civil de Cuntis, que se fixo cargo, con todas as precaucións posibles, durante a tarde deste martes 15 de outubro.
Relacionadas:
-
Retiran nun só día 14 niños de avespa velutina en Cuntis
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A Xunta reforza os equipos de loita contra a avespa asiática con máis persoal
Por Redacción |
-
Protección Civil retirou 266 niños de velutina en Poio durante 2019
Por Redacción |
-
Marín empeza a gañar a guerra á avespa asiática
Por Redacción |
-
A loita duns veciños de Bora contra as velutinas: "Ninguén nos axuda. Non podemos nin abrir as ventás"
Por Alejandro Espiño |
-
Emerxencias Sanxenxo elimina no que vai de ano 229 niños de velutina
Por Redacción |
-
Máis de 150 niños de velutina foron retirados en Pontevedra dende xuño
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cuntis participou en 435 operativos o ano pasado
Por Oskar Viéitez |
-
Protección Civil de Cuntis constata un descenso do número de niños de velutina retirados
Por Oskar Viéitez |