Fomento convoca unha reunión de urxencia para resolver os problemas das obras do AVE
Por Redacción
O Secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, reunirase este venres coas empresas construtoras das obras do Eixe Atlántico na provincia. Ao encontro asistirán o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, e o subdirector xeral de Construción da Dirección Xeral de Ferrocarrís, Javier Gallego, ademais do concelleiro, César Mosquera e o Enxeñeiro xefe do Concello de Pontevedra, Jesús Gómez Viñas.
Nesta reunión abordaranse os problemas que están a causar as obras da AVE, sobre todo, ao seu paso polo barrio da Seca e a rúa Holanda.
Ante a rápida intervención dende Fomento tras as queixas emitidas polo concelleiro César Mosquera, o edil manifestou que, polo momento, á espera do resultado da reunión van suspenderse as medidas que o goberno local ía adoptar para paralizar as obras. Mosquera sinalou que agarda que nesta reunión Fomento se comprometa a que se "volva a funcionar como hai 7 meses, entón non terá ningún sentido adoptar medidas de presión. O único que nos preocupa é que se vai ter en conta a lóxica dos veciños e municipal".