O persoal Técnico Sanitario celebrará o seu día cunha xornada de visibilización da súa traxectoria profesional
Por Redacción
O persoal Técnico Superior Sanitario da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conmemorará este luns o seu día visibilizando a súa labor e traxectoria profesional.
Unha labor imprescindible, sobre todo durante a acutal pandemia da covid-19, xa que os Técnicos Superiores en Diagnóstico Clínico e Biomédico da Área Sanitaria son os encargados de realizar os diagnósticos de SARS-CoV-2 e doutras técnicas analíticas.
Dende o SERGAS tamén destacan o labor dos Técnicos Superiores en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, en base ao uso de equipos portátiles de Radiodiagnóstico cos pacientes que estiveron temporalmente illados ben en Urxencias ou ben nas Unidades de Coidados Críticos e hospitalización.
A historia do Día do Técnico Superior Sanitario comezou o 14 de xuño de 1984 coa aprobación das especialidades en Laboratorio, Radiodiagnóstico, Anatomía Patolóxica, Medicina Nuclear e Radioterapia, para, posteriormente, engadir a Audioloxía Protésica, Dietetica, Documentación e Administración Sanitaria, Hixiene Bucodental, Ortopróteses e Saúde Ambiental.
Este colectivo representa un eslabón fundamental no funcionamento da asistencia diaria sendo esenciais na xestión das probas diagnósticas e na posterior aplicación de tratamentos, terapias e produtos sanitarios, atopándose en continuo avance cara á equiparación formativa cos seus homólogos europeos.