Un condutor, que dá positivo en consumo de cocaína, impacta contra unha moto deixando ferido ao piloto
Por Redacción
Ás 21.09 horas da tarde deste venres 11 rexistrábase un accidente entre un turismo e unha moto en Campelo, no municipio de Poio, segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio.
O piloto da moto circulaba desde Lourido cara a Campelo cando un vehículo, que tentaba incorporarse á víana rúa Padre Avelino, golpeábao brutalmente provocando que a moto se arrastrara ao longo de de dez metros debido ao choque, tal e como os axentes comprobaron coas marcas que quedaron na calzada.
Unha ambulancia trasladou ao piloto que se atopaba ferido a un centro hospitalario para avaliar a gravidade das feridas.
A continuación, os axentes sometían ao condutor do turismo, residente nunha localidade próxima, a un test de consumo de drogas e ofrecía resultado positivo ao detectarse presenza de cocaína no organismo. Desta forma, iniciáronse os trámites para unha denuncia administrativa cunha sanción que ascende a mil euros e a retirada de seis puntos.
O turismo quedou inmobilizado na zona á espera de que se presente un condutor autorizado para a súa retirada. A Policía Local investiga os factores que influíron no resultado deste accidente para realizar o informe técnico e a tramitación da denuncia.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio colaborará coa DGT nunha campaña de control de exceso de velocidade
Por Redacción |
-
Presenta un certificado descargado de internet dun médico negacionista para xustificar que non leva máscara
Por Redacción |
-
O condutor dunha furgoneta ameaza un veciño de Poio cunha barra metálica e unha cadeira por unha discusión de tráfico
Por Redacción |
-
Un veciño de Vigo de 35 anos causa un accidente na rotonda da Barca e dá positivo en consumo de alcohol e drogas
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio cumpre medio século ao servizo da cidadanía
Por Redacción |