Baixan a 171 os casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde informou que a área sanitaria de Pontevedra O Salnés ten este xoves 15 casos activos menos de covid respecto a onte mércores, co que o total de casos sitúase en 171.
Esta redución progresiva da incidencia da pandemia ten o seu reflexo na presión hospitalaria. Así, este xoves 10 de xuño esta área sanitaria ten 7 pacientes de covid-19 ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).
Non hai persoas ingresadas por este virus nin no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e tampouco no Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 1 paciente crítico.
Así mesmo, permanecen 163 casos de coronavirus evolucionando nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 13.996 pacientes (22 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 181 persoas.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 545, que se engaden ás 241.478 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.
Relacionadas:
-
148 casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción |
-
A área sanitaria segue dobregando a curva: 14 casos activos menos e sete contaxios nun día
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria homenaxea o persoal xubilado dos seus centros
Por Redacción |
-
Pechan a planta covid de Montecelo ao non haber pacientes coa infección activa
Por Natalia Puga & Anxo Lourido |
-
O Sergas manterá operativas este verán o 87% das camas de hospitalización en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |