Os socorristas vixiarán a praia fluvial da Calzada desde o 15 de xuño
Por Redacción
O goberno municipal de Ponte Caldelas está a preparar a praia fluvial da Calzada para a tempada estival. O areal, segundo avanzan desde o Concello, contará con socorristas desde o 15 de xuño.
Os tres socorristas desenvolverán o seu labor de luns a domingo ata o 14 de setembro, cubrindo así todo o verán e dando seguridade a todas as persoas usuarias deste areal de río.
Ademais, como medida para garantir a seguridade dos usuarios, se balizou toda a zona de baño desta praia, bandeira azul, para delimitar a zona reservada exclusivamente para os bañistas.
Nela non está permitida a práctica doutros deportes ou o acceso de vehículos de navegación.
Pola súa banda, xa está en funcionamento o chiringuito da praia fluvial, que abriu as súas portas o 1 de xuño e que está aberto ó público de luns a venres a partir das 16.00 horas e as fins de semana e festivos a partir das 12.00 horas.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas 'conxela' a bandeira azul da Calzada por falta de socorristas
Por Redacción |
-
Inauguran o aparcamento gratuíto de autocaravanas da praia fluvial de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas abre o procedemento para a contratación de tres socorristas para a Praia Fluvial
Por Redacción |
-
A Praia Fluvial da Calzada contará cun aparcadoiro gratuíto de autocaravanas
Por Redacción |