Inauguran o aparcamento gratuíto de autocaravanas da praia fluvial de Ponte Caldelas
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, inaugurou o estacionamento gratuíto autocaravanas da praia fluvial da Calzada, que entrará en funcionamento esta fin de semana.
Para iso, o Concello instalou sinalización vertical para informar do acceso ó aparcamento de autocaravanas. Tamén colocou un panel informativo á entrada do propio aparcamento no que se informa da normativa que rixe o estacionamento.
Ademais, haberá estacas de madeira numeradas que dividen as prazas de aparcamento para delimitar cada unha das parcelas.
Con este aparcamento buscan que os turistas durman e desfruten dun "espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán de Ponte Caldelas, a menos de cinco minutos andando".
O aparcamento estará rexido pola normativa de uso do espazo que se elaborou para tal fin: só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas; non se poderán despregar mesas, cadeiras ou toldos e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída.
Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade, haberá control sobre o ruído e para o vaciado dos depósitos as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia.
Relacionadas:
-
Medio cento de caravanas 'invaden' A Calzada nunha xornada de convivencia
Por Redacción |
-
Comezan as obras do aparcamento central de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Habilitan unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas 'conxela' a bandeira azul da Calzada por falta de socorristas
Por Redacción |
-
Os socorristas vixiarán a praia fluvial da Calzada desde o 15 de xuño
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila
Por Redacción |
-
O Paseo da Calzada estrea 40 novas prazas de aparcamento
Por Redacción |
-
A Praia Fluvial da Calzada contará cun aparcadoiro gratuíto de autocaravanas
Por Redacción |