![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/524f0d6375451-002.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A Semana Galega de Filosofía buscará outras alternativas á sociedade actual na súa próxima edición
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Representantes da nova directiva da Aula Castelao de Filosofía mantiveron unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para presentarse e avanzar algúns aspectos sobre a organización da XXXI Semana Galega de Filosofía que se desenvolverá durante o mes de abril de 2014.
A nova coordinadora, Ana Regueira, a secretaria Mercedes Moreno e a tesoureira Montse Arén sinalaron que a Semana se desenvolverá entre o 21 e o 25 de abril e o alcalde indicou que contará coa colaboración do Concello para que siga realizándose.
Segundo apuntou Ana Regueira: "ÿ unha semana probablemente pensada sobre a necesidade ou non de cambio nesa mesma sociedade e agardamos estar a altura. Somos noveis nisto e esperamos non defraudar". Quixo ademais incidir na temática no sentido de que este ano se reflexionará sobre "unha sociedade na que polo menos sufrise menos a poboación do que está a sufrir neste momento. O noso enfoque e que hai outras e posibilidades, outras alternativas, outras opcións... onde, como, cando? ".
A coordinadora indicou tamén que se manterá a mesma estrutura dos anos anteriores.