A Xunta amplía as reunións de non conviventes a seis persoas en interior e dez en exterior
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu este mércores en rolda de prensa para dar conta das novas medidas do goberno galego na desescalada, que teñen como dato máis destacado a ampliación dos grupos de non conviventes que poden reunirse na hostalería e nos domicilios: ata dez persoas no exterior e seis no interior. "Os aforos na hostelería siguen como están".
Mantense a prohibición de reunirse con non conviventes entre a 01:00 e as 06.00 horas
Se incrementan os aforos do 50 ao 75% en comercios, actividades profesionais, culturais e académicas. Haberá que respectar sempre as medidas de seguridade e a distancia física dun metro e medio.
Só déixase ao 50% o aforo naqueles concellos que se atopan no nivel máximo ou no nivel alto.
Este mesmo mércores serán remitidas estas medidas de alivio ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o sábado entrarán en vigor.
En canto ás residencias de maiores en concellos con nivel medio e medio-baixo as saídas pasan de cinco días á semana a todos os días e durante 4 horas como máximo.
Feijóo incidiu en que se Galicia pode seguir avanzando nunha desescalada "prudente, proporcional e razoada" é debido a que somos a comunidade "con menor incidencia nas UCIs, cinco veces menos que na media de España, e en ocupación hospitalaria temos tamén tres veces menos. Por tanto temos unha situación controlada con certa tendencia á baixa dentro da estabilidade".
Un de cada catro galegos xa están totalmente inmunizados
VACINACIÓN
O presidente da Xunta referiuse ao proceso de vacinación destacando que un de cada catro galegos xa están totalmente inmunizados. E que o 50% da poboación de Galicia xa recibiu unha dose da vacina.
Ademais o Servizo Galego de Saúde xa está a chamar a persoas de 52 anos para que acudan a vacinarse e calcúlase que en 10 días poida estar vacinado o grupo de ata 50 anos.
Iso si, o presidente do Executivo galego sinalou que a Consellería de Sanidade segue pendente de que o Goberno de España informe das doses que chegarán e cantos galegos deciden administrase a segunda dose de AstraZeneca.
Aclarou que para todas as persoas de menos de 60 anos que a están esperando "temos para todos". Pero para a segunda dose para maiores de 60 anos tocaría dispensala a partir da primeira segunda ou semana de xullo e "sería bo que o Goberno nos concrete nos próximos días", dixo xa que "o Ministerio oralmente dinos que non imos ter problemas".
A día de hoxe, segundo informou, hai 14.000 vacinas de AstraZeneca nas cámaras frigoríficas pero Feijóo indicou que "fan falta máis de 300.000 aínda". O luns chegarán outras 14.000 e nos próximos días estarían garantidas 60.000 máis.
Relacionadas:
-
Unha mensaxe de apoio ao persoal sanitario: "Moitas grazas, que faríamos sen vós?"
Por Redacción |
-
O comité clínico estudará ampliar os límites ás reunións e ir "avanzando en un ocio al aire libre con más gente"
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia empezará a chamar aos menores de 59 anos para a segunda dose de AstraZeneca na primeira semana de xuño
Por Oskar Viéitez |