Unha mensaxe de apoio ao persoal sanitario: "Moitas grazas, que faríamos sen vós?"
Por Redacción
Tensión, irritabilidade, ansiedade, frustración, presión, cansazo... son algúns dos sentimentos que está acreditado que senten os profesionais sanitarios desde o inicio da pandemia. Para axudarlles a afrontalos e facer máis levadío o tempo que están a vivir, este sábado recibiron unha serie de mensaxes de apoio por parte dos pacientes aos que atenden.
Sucedeu no recinto feiral de Pontevedra, onde continuou a campaña de vacinación á poboación. Alí, instaláronse uns taboleiros nos que os pacientes puideron ir pegando post-it coas súas mensaxes de agradecemento.
"Viva la sanidad pública", "Héroes/inas. Gracias por todo. Sois incansables. Que Dios os recompense", "Moitas grazas, que faríamos sen vós?", "moitas grazas", "moi ben", "muchas gracias por ser tan amables" ou "fantásticos, ánimo" son algunhas das mensaxes que se poden ler nestes taboleiros.
A poboación quere darlles as grazas polo seu esforzo desde o inicio da pandemia da covid-19 e durante o proceso de vacinación e trasladarlles o apoio. "Sin vosotros, esto no sería posible. Un fuerte abrazo y ánimo", engade outra das mensaxes.
A actuación é unha pata máis do Plan de Intervención Psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Servizo Galego de Saúde na pandemia de covid-19, na que se convida ao persoal sanitario a coidarse para poder coidar do resto da poboación.
Relacionadas:
-
Os sindicatos da Sanidade queren facer notar o descontento xeral polas privatizacións cunha protesta masiva
Por Manu Otero |
-
Galicia iniciará o domingo a vacinación da poboación entre 40 e 49 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade autoriza a vacina de Janssen para a poboación entre 40 e 49 anos
Por Redacción |
-
Volven subir os ingresos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Nova vítima da covid-19 en Pontevedra: unha muller de 94 anos ingresada en Montecelo
Por Natalia Puga |
-
A Xunta amplía as reunións de non conviventes a seis persoas en interior e dez en exterior
Por Oskar Viéitez |